DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, mellor club galego de augas bravas

Recollía esta distinción na gala da Federación Galega de Piragüismo, na que tamén resultaba homenaxeado Jesús Rodríguez

Publicidade

 

A Federación Galega de Piragüismo vén de celebrar a súa gala anual na tarde do vindeiro 4 de decembro en Vigo, no Auditorio de Afundación. Nela facíase entrega dos premios aos clubs vencedores das distintas ligas, ademais dos recoñecementos aos medallistas das competicións internacionais da actual tempada.

Neste acto, o Club Fluvial Barco recollía de dúas distincións. Unha delas a de mellor equipo galego de augas bravas, ao proclamarse campión de España por clubs nesta modalidade de descenso.

Ademais, xa a título individual, ao padexeiro barquense Jesús Rodríguez León recibía un recoñecemento polo seu título mundial máster en maratón, no campionato do mundo celebrado este outono en Romanía.

Con estas dúas distincións, o club valdeorrés pecha unha intensa tempada de competicións en diferentes modalidades (tanto a nivel galego como nacional e internacional), sementada tamén de bos resultados.

Fotos: Club Fluvial Barco.

Artigos relacionados

Back to top button