As instalacións do Centro Deportivo David Cal (Pontevedra) convertíanse o 30 de xuño en escenario o campionato galego de pista para embarcacións individuais, dobre e cuádruples, sobre unha distancia de 1.000 m e 200 m.
Foi unha xornada de competición marcada pola chuvía e á que acudían 27 clubs de diferentes zonas de Galicia. Entre eles estaba o Club Fluvial Barco, representado por Bernardo Sánchez e Sergio Ruiz, que quedaban na 16ª posición en K-2 sénior.
Ademais participaban o Fluvial Allariz, da man do K-2 júnior feminino de Paula Segura e Lucía Pérez que entraba de 10º e do K2 júnior de Borja Conde e Diego Conde, que se clasificación no posto 16º.