CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O “fulión” de Viana e os Boteiros toman o centro de Lisboa

Era unha das mascaradas ourensás participantes no XVI Desfile Internacional da Máscara Ibérica

 

O toque dos bombos e aixadas do fulión de Viana do Bolo, precedido polas carreiras dos seus Boteiros, deixábase sentir a partir das catro e media da tarde do 21 de setembro no centro de Lisboa. O Entroido vianés formaba parte da trintena de tradicións participantes no XVI Desfile Internacional da Máscara Ibérica, que nesta edición volvía á zona antiga da capital portuguesa, tendo como punto de partida a praza do Município.

Neste singular desfile de mascaradas tamén participaban outras ourensás como as Bonitas de Sande (Cartelle), os Follateiros, así como os Danzantes de Cobres (Pontevedra), os Merdeiros de Vigo ou o Entroido de Samede (A Coruña).

Neste desfila tomaban parte tamén unhas 13 tradicións portuguesas, así como mascaradas doutros países europeos como Italia e Grecia.

Fotos cedidas.

 

Back to top button