A tradición do Entroido vianés sentíase na pasada fin de semana en terras cántabras. O Fulión e os Boteiros de Viana do Bolo participaban os días 29 e 30 de abril no “Encontro Internacional de Mascaradas, que se celebraba nas localidades de Puente Viesgo e Silió.
Esta unha das celebracións de inverno convidadas a participar, xunto á Vijanera de Silió, os Guirrios e Madamas de Llamas de la Rivera (León), Koranti Borovci de Ptuj (Eslovenia), os Diablos de Luzón (Guadalaxara) e os Sidros e Comedies de Valdesoto (Asturias).
Este evento de posta en valor das mascaradas de inverno estaba promovido pola Vijanera de Silió en colaboración con diversas entidades.
Fotos cedidas.