A tradición do Entrudio de Viana do Bolo volverá estar presente na illa de Sardeña (Italia). O fulión e os Boteiros participarán nun desfile de mascaradas tradicionais que se celebrará o 4 de xuño conmotivo do 20 aniversario do Museo delle Maschere Mediterranee (MaMu – Museo delle Maschere , Museo della Cultura e del Lavoro, MATer) en Mamoiada.
Neste desfile, previsto para as 17h.. tomarán parte celebracións procedentes de Italia, de Croacia e de Romanía. “Unha experiencia enriquecedora e un orgullo que a cultura de Viana sexa a que represente a Galicia e a España neste encontro”, din dende o Entrudio vianés.
Así entre mascaradas estarán, ademais dos Boteiros e do fulión vianés, os Tamburini e Trombettieri de (Oristano – Sardeña), o Mamuthones e Ishlovers (Mamoiada – Sardeña), os Thurpos (Orotelli – Sardeña), os Rollate (Sappada – Friuli-Venecia Giulia), Lastarii (Bucovina – Romanía/Ucraína) e os Grobnicki (Grobnik – Croacia).