EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Limia-Arnoia fai balance do 2020 e anuncia a apertura do novo prazo de axudas Leader

Desde o 2017 ata hoxe foron máis de 3 millóns de euros en axudas, que mobilizaron mais de 6 M € de investimento privado; xerando e/ou consolidando 150 postos de traballo nas comarcas de A Limia, Allariz-Maceda, Celanova e Baixa Limia, segundo este GDR

 

O Grupo de Desenvolmento Rural Limia-Arnoia vén de celebrar a súa asemblea anual. A xuntaza, que se desenvolvía de forma telemática pola actual situación sanitaria, tiña lugar o 16 de abril e nela participaban unha corentena de entidades das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Celanova.

No decurso da reunión dábase conta das actividades realizadas no ano 2020 por parte do GDR10 Limia-Arnoia, entre as que destacan a xestión do Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Limia a través dun convenio coa Axencia Galega de Turismo, para poner en marcha este Xeodestino; a colaboración na realización de actividades no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero; a elaboración/redacción do documento PACES 2030 (Pacto de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible) para 9 concellos do territorio deste GDR, co obxectivo de axustar os seus compromisos medioambientais á nova normativa comunitaria; e a colaboración con Agader na elaboración do PEL (Plano Estratéxico da Limia).

Ademais, esta dende esta entidade realizábanse no segundo semestre do ano 2020 múltiples reunión intersectoriais (a maior parte delas de xeito telemático) para traballar na elaboración “dun Plan, a poñer en marcha pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de reducir as emisións de elementos contaminantes (puríns e estercos) na concas fluviais da comarca da Limia e Baixa Limia”, tal e como informa o GDR. No presente ano 2021 este grupo ten previsto presentar este Plan que levará aparellado medidas correctoras e medioambientais que servirán de guía para futuras actuacións no sector agrogandeiro da Limia.

 

Imaxe da presentación da campaña “Sen Ir Máis Lonxe”, o pasado ano./ Foto cedida.

 

Outra das iniciativas desenvolvidas no 2020 foi a Campaña “Sen Ir Mais Lonxe”: en colaboración co tecido comercial dos 25 concellos do GDR púxose en marcha una campaña de apoio a este sector tan afectado polo Covid-19, cun orzamento superior aos 25.000 €.

Apertura do prazo de axudas Leader 2021-2022

Por outra banda, na reunión tamén se indicaba que para finais deste mes de abril, está prevista a apertura do prazo de axudas LEADER 2021-2022. O noso GDR Limia-Arnoia disporá de máis de 600.000 € para autónomos, Pemes e entidades que desexen concorrer, tanto a proxectos PRODUTIVOS como NON PRODUTIVOS.

Para iso, a xunta directiva e a asemblea xeral do GDR, veñen de ratificar a modificación dos BAREMOS de puntuación cun dobre obxectivo:

1º.- Favorecer pequenos e medianos proxectos PRODUTIVOS que xeren riqueza e postos de traballo no medio rural.

2º.- Dar cabida a proxectos amparados na nova Lei de Recuperación de Terras e nas medidas a recoller no Plan Estratéxico da Limia.

O resumo do impacto das axudas LEADER desde 2017 a 2020, nas comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Celanova, resúmese nos seguintes datos, segundo este GDR:

  • Unha execución de fondos do 98%
  • 232 proxectos presentados
  • 66 proxectos (produtivos: 35, non produtivos: 31)
  • 3,016 M € de axuda pública (31/12/2020)
  • 150 postos de traballo xerado/consolidados.
  • Investimento privado: 6 M€

Artigos relacionados

Back to top button