ConcellosÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea, o segundo grupo galego con máis fondos no Leader 2021-2022

En total nas dúas anualidades desta nova convocatoria este grupo disporá de 824.677,84 euros

O presidente do GDR Sil-Bibei-Navea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No Diario Oficial de Galicia deste luns 3 de aio (DOG Núm. 82 do 03 de maio de 2021) vé de publicarse a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de Desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, tal e como comunica dende o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea.

O prazo de admisión de solicitudes de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, pero dende a presidencia deste GDR instase “ás persoas que pensen presentar algún proxecto que canto antes contacten có equipo técnico”.

En canto á distribución dos importes para o GDR Sil-Bibei-Navea, o importe da axuda para o ano 2021 é de 324.738,82€, ao que lle hai que engadir 69.843,39€, importe que a xunta directiva da asociación acordou traspasar da submedida 19.4, correspondente a custes correntes e animación e promoción territorial pasalo a proxectos.

“Para a anualidade 2022 contamos con 430.095,63€ polo que o montante global para estas dúas anualidades no noso territorio de actuación é por importe de 824.677,84€, sendo o segundo grupo dos 24 de Galicia que máis fondos ten”, sinala o presidente do GDR Sil-Bibei-Navea, Francisco Magide.

Ademais dende do GDR faise un chamamento aos emprendedores “para que presenten proxectos e para que, ante calquera dúbida, se poñan en contacto co equipo técnico do grupo para que os asesoren e acompañen na tramitación de ditas axudas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button