ConcellosO Barco

O GES Valdeorras recolle un moucho ferido en Éntoma (O Barco)

 

Esta tarde un veciño de Éntoma (O Barco) atopaba nunha das rúas desta localidade un moucho ferido. A partir de aí comunicábao a Garda Civil, quen daba aviso ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras. O GES desprazábanse de contado ata o lugar e recollía a ave. Tamén se poñía en contacto co servizo de Medio Ambiente co fin de que puidese recibir atención para que poida recuperarse.

 

Back to top button