ConcellosO BarcoÚltima hora

O “Grândola, Vila Morena” soa de forma espontánea en diversos puntos do Barco

 

De forma espontánea, na tarde deste 25 de abril, soaba o Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso, por diferentes zonas do Barco. Un grupo de persoas reuníanse para cantala, primeiro nos Xardíns da Casa Grande de Viloira e, despois noutros puntos da vila, como a praza Maior.

Esta coñecida canción soaba tal día como hoxe do ano 1974 nas radios de Portugal e supuxo o inicio da chamada Revolução dos Cravos. Esta canción converteuse nun símbolo da revolución e da democracia en Portugal.

Fotos cedidas.

 

Vídeo cedido por Verdetoxo.

Artigos relacionados

Back to top button