CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O grupo de acordeóns de Manzaneda abre o “Verán Cultural” neste municipio

 

Cun concerto do grupo de acordeóns de Manzaneda na tarde do 17 de xullo vén de encetarse o programa de actividades do “Verán Cultural” deste concello. Antes desta actuación (con 15 acordeóns do grupo e percusión), que tiña lugar na praza do Concello, estaba previsto un recorrido polas rúas da vila.

O programa cultural, que ademais de música incluirá cinema e deporte, continuará o vindeiro 29 de xullo cunha mostra de música e baile tradicional ás 20:30h. no Campo da Piscina.

Fotos: Concello de Manzaneda.

 

Artigos relacionados

Back to top button