CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

O grupo de Cholo e Nela pon o broche a unha exitosa Convivencia de Educación no Barco

 

Con música finalizaba arredor das catro da tarde unha intensa, animada e exitosa XXIII Convivencia de Educación Infantil e Primaria da man de Cholo e Nela, que se desenvolvía no CEIP Julio Gurriarán do Barco e no pavillón polideportivo de Calabagueiros.

Música que poñían os integrantes do grupo de Cholo e Nela (formado por Nacho Hermida, Carlos R. Calvente, Miguel Ángel Vázquez, Andrés Cunha e Segundo Grandío) que interpretaba temas do seu último disco, titulado “Camiños de ida e volta”, o mesmo lema da convivencia que reunía a máis de mil participantes de 12 centros de ensino do oriente ourensán e 1 do Bierzo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button