ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Courel seguirá funcionando con 6 efectivos

Membros do GES do Courel./ Foto: Concello de Folgoso do Courel.

 

O Concello de Folgoso do Courel ratificaba no pleno do pasado venres o decreto proposto pola alcaldía para a adhesión ao novo convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as Deputacións en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

No documento maniféstase a vontade do goberno local de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do convenio mencionado, asumindo as obrigas e compromisos derivados do mesmo e con suxeición plena a todas elas.

Ademais, prorrógase o persoal existente, seis persoas e, en caso de producirse algunha nova contratación, que a mesma se realice de acordo co estipulado no propio convenio.

Segundo este convenio, Xunta e Deputación acordan apoiar a función dos GES, que vén a complementar a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais xunto cos parques de bombeiros, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencias nun ámbito de actuación superior á municipal.

Artigos relacionados

Back to top button