CulturaCulturaÚltima hora

O IEV proclamará “Valdeorrés Ilustre” a Antonio Castro Voces

O acto terá lugar o 16 de maio na Casa Grande de Viloira (O Barco)

Antonio Castro Voces durante un pregón./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro xoves 16 de maio, ás 20 horas, o Instituto de Estudos Valdeorreses celebrará no salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco), o acto de proclamación como “Valdeorrés Ilustre” de Antonio Castro Voces, ex Membro de Mérito e ex presidente da Sección de Historia do IEV, falecido no Hospital de Tetrapléxicos de Toledo, o pasado 17 de xaneiro.

“A tenor do art.11, parágrafo 2°, que di: “os membros de mérito xa finado, pasarán directamente a formar parte do cadro Valdeorreses Ilustres”; circunstancia que se dá na persoa de Antonio Castro Voces, é norma da nosa asociación organizar un acto académico solemne de proclamación como Valdeorrés Ilustre daqueles Membros de Mérito que falezan”, asegura o presidente Aurelio Blanco, explicanco que, a tal fecto, na reunión da xunta directiva do pasado dia 7 de abril, “tomouse o acordo de renderlle homenaxe na sede do Instituto de Estudos Valdeorreses; no mesmo salón no que impartiu conferencias e presentou a maioria dos libros da súa autoría”.

En nome da directiva, Blanco Trincado expresa de novo “a súa dor pola perda de tan ilustre membro e amigo”, ao mesmo tempo que reitera ao seu irmán político, sobriños, demais familiares e amigos “o sentir de directivos, membros de mérito vivos, socios, persoal do Hospital de Paraplégicos de Toledo, comunidade da residencia da tarcera idade Valdegodos e veciños de Quereño, por tan sensible perda”. Castro Voces ocupaba a letra “A” maiúscula, da palabra Valdeorras, que queda vacante para ser adxudicada ao próximo Membro de Mérito que sexa elixido.

O acto será público ata esgotar aforo. Lerá a acta, o secretario do IEV, José Antonio Blanco Novo; introducirá o acto o presidente, Aurelio Blanco Trincado; e impartirá a lección maxistral, o historiador e científico emérito do CESIC, Isidro Garcia Tato. Finalmente entregaráselle a un representante da familia o Diploma de “Valdeorrés Ilustre” do homenaxeado.

 

Artigos relacionados

Back to top button