CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O II Magosto Foliada de Abertal celebrarase o 3 de novembro en Fontei (A Rúa)

A música correrá por conta de I.R .M. Trikititxa (Muskiz-Vizkaia), Os Recantos de Quiroga, Pándega (Valdeorras), Os Parrandas de Córgomo e Abertal da Rúa

Asando as castañas no Magosto Foliada de Abertal o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tralo éxito da primeira edición, a Asociación Cultural Abertal da Rúa organiza o II Magosto Foliada para o día 3 de novembro na praza de Fontei a partires das 18 horas.

O menú constará de bolo preñado, castañas asadas, bica, viño e refrescos. Os tíckets  con desconto (a 6 euros só para socios e alumnos) poden collerse dende mañá na Casa da Cultura e os normais (a 8 euros) no propio magosto.

Este ano a foliada, durante o magosto e a continuación polos bares colaboradores, correrá a cargo de I.R .M. Trikititxa (Muskiz-Vizkaia), Os Recantos de Quiroga, Pándega (Valdeorras), Os Parrandas de Córgomo e Abertal da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button