Segue activo, dende que se iniciou ás 4:50 h. da madrugada de onte, o incendio rexistrado no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 160 hectárea.
Ata o de agora desprazáronse á zona para controlalo 1 técnico, 12 axentes, 42 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 8 avións e 2 helicópteros.