CulturaCulturaÚltima hora

O IX Festival de Teatro Entreculturas de Verín arrinca esta fin de semana coa actuación do grupo Oreteiro

O grupo ourensán porá en escena, o 6 de outubro as 20h, a obra Aproximación á muller nociva

Sobre Mauro e Uxía, unha parella que mantén unha extraña relación na que toman parte tamén as amizades xira Aproximación á muller nociva, a obra de teatro coa que o grupo Oreteiro abre esta fin de semana a IX edición do Festival de Teatro Entreculturas, organizado pola Asociación para a Cultura e o Lecer A Caixa de Pandora, en colaboración do Concello de Verín.

Para acceder á representación, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal será necesario realizar unha achega de 5 euros, que a asociación sen ánimo de lucro destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos actores que participan no festival. As entradas estarán dispoñibles os días 4, 5 e 6 de outubro no Auditorio de Verín, en horario de 18 a 20 horas.

A seguinte cita do festival será o 12 de outubro coa obra Historia de una escalera do grupo de teatro A Tecedora de Soños.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button