DeportesPiraguismoÚltima hora

O K-2 sénior do valdeorrés Adrián Prada gana o LII Descenso Internacional do Miño de Tui

Compartía barco con Joaquín Iglesias, o seu compañeiro no Club Rías Baixas-Boiro

 

O piragüista valdeorrés Adrián Prada Pérez segue colleitando podios e dando mostras do seu talento deportivo. Desta volta era no LII Descenso Internacional do río Miño de Tui. Nel tomaba a saída en K-2 sénior, xunto ao seu compañeiro no Club Rías Baixas-Boiro, Joaquín Iglesias Rodríguez, o sábado 19 de agosto. A súa embarcación lograba completar o circuíto de 14.000 metros da proba nun impresionante rexistro de 00:59:07,97.

 

O K-2 de Adrián Prada e Joaquín Iglesias, entrando en meta./ Foto: Concello de Tui.

 

No segundo posto da clasificación, a apenas 5 segundos dos ganadores, situábase o K-2 de Bruno Brasileiro e Francisco Franco (Club Náutico de Ponte de Lima), quedando a mentres que no terceiro posto entraban Iván Alonso e José Barreiro (Club As Torres Romería Vikinga), a un minuto do K-2 do valdeorrés.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button