DeportesKárateSen categorizarÚltima hora

O KC River Stone do Barco suma 19 medallas na II xornada da liga galega de karate, en Ribadavia

 

O Polideportivo Municipal O Consello de Ribadavia acollía o domingo 20 de febreiro a II xornada da liga galega de karate, e de novo o KC River Stone do Barco de Valdeorras volvía destacar, non só polo número de participantes (un total de 32 competidores) senón polo número de medallas conseguidas, nin máis nin menos que 19 (7 ouros, 6  pratas e 6 bronces).

O traballo, a entrega e os resultados están demostrando que as novas xeracións de karate veñen pisando forte e que o futuro do club valdeorrés que adestra Nicolás Rodríguez, o novo seleccionador falego de kata, está garantido.

 

Entrega de medallas.

 

A última mostra tivémola en Ribadavia onde houbo pequenos que lograban máis dunha medalla. É o caso dos benxamíns que facían dobrete en avanzado e iniciación: Manuel Blanco Blanco lograba un ouro en cada categoría; e tanto Eric Rodríguez Carballo como Leyre Paradelo Ambrinos conseguián sendas pratas, unha en cada categoría. En alevín iniciación, Diego López Puey volvía para casa cunha medalla de bronce.

Con respecto á categoría infantil, en avanzado a medalla de ouro masculino era para Nazan Barreda Fernández, mentres que en feminino Aina Moral Castro e Cloe Yáñez González lograban unha prata cada unha. En iniciación, Pablo Prada Anta era ouro en masculino e Aina Moral sumaba a súa segunda medalla, ouro en feminino. José Carrera Fernández lograba un bronce.

 

Este pequenos karatekas da Rúa viviron ilusionados o seu primeiro campionato.

 

En cadete avanzado, Enzo Prieto Fernández lograba unha medalla de bronce. E en xuvenil houbo varios metais: un ouro para Brian Rodríguez Caraballo e unha prata para Hugo Álvarez Pérez en avanzado; e un ouro para Hugo (que facía dobrete), e dous bronces para Héctor Amaro Rodríguez e Mª Fuensanta Blanco Blanco en iniciación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button