DeportesGalerías de fotosKárateÚltima hora

O KC River Stone suma 10 medallas no Campionato Galego Infantil de Karate celebrado no Barco

 

Cun total de 10 medallas (3 pratas e 7 bronces) remataba o KC River Stone do Barco a súa participación no Campionato Galego Infantil de Karate celebrado neste domingo 10 de marzo no pavillón de Calabagueiros.

 

 

Pola mañá era o turno das categorías benxamín, alevín e infantil (masculino e feminino) de kata e kumite, con catro bronces para o River Stone: Álvaro Blanco Blanco en benxamín, Manuel Blanco Blanco en alevín, e Diego López Puey e Leo Núñez Macía en infantil.

 

 

E  xa pola tarde tiña lugar a competición nas categorías xuvenil e cadete con seis medallas máis para os karatekas do Barco (tres pratas e tres bronces). En xuvenil masculino Nazan Barreda Fernández lograba unha prata; en xuvenil feminino, Cloe Yáñez González unha prata e Aina Moral Castro un bronce; en cadete masculino, Brian Rodríguez Carballo unha prata e Nicolas Rodríguez Domínguez un bronce; e en cadete feminino, Mª Fuensanta Blanco Blanco outro bronce. Todos en modalidade de kata.

 

 

Do SHARK de A Rúa destaca o sétimo posto de Iago Dobao en xuvenil masculino. “Unha máis que meritoria participación posto que a maioría dos participantes acaban de pasar a nivel avanzado dentro da súa categoría”, asegura orgullosa a súa mestra Raquel Rodríguez Cruz.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas

Máis información e fotos:

O Campionato Galego Infantil de Karate reúne no Barco a preto de 400 deportistas

Artigos relacionados

Back to top button