En portadaÚltima hora

O labor tradicional do pisado e abandoxado da castaña seca, na Festa da Pisa de Froxán (Folgoso do Courel)

Esta celebración de carácter etnográfico terá lugar o 8 de decembro e a súa pregoeira será a cantante Rosa Cedrón

Conta atrás para unha festa que xira arredor das castaña e da tradición, xunguíndoa coa música, a gastronomía e a artesanía. Froxán (Folgoso do Courel) prepárase para acoller ao longo do 8 de decembro a Festa da Pisa da Castaña. Como vén sendo costume, iniciarase co acendido do sequeiro ás 11:30h. Alí os asistentes poderán coñecer o proceso tradicional de secado deste froito de outono.

Ás 12h. darase paso á mostra do proceso de secado e, media hora despois, á demostración de pisado e abandoxado. Xa para as 13:30h. está previsto o pregón, a cargo nesta ocasión da cantante Rosa Cedrón. Xa ás 14h.presentaranse os libros “Animais fantásticos de aldea” e “Galicia latente”.

 

 

Despois poderá desfrutarse dun xantar popular co “menú do pisador”, arredor das 14:30h. Pola tarde, ás 16h, rematará o pisado, no que poderán participar os asistentes.

Haberá ademais unha mostra da artesanía e doutros produtos e música co grupo Foliada. Esta celebración será organizada pola Asociación Fonte do Milagro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button