CulturaCulturaÚltima hora

O Liceo de Ourense acolle a exposición fotográfica “Llaves del Cambio”

Esta exposición fotográfica estará aberta do 5 ao 15 de xuño e ten entrada libre
A mostra componse de 24 fotos repartidas en 10 paneis.

Dende hoxe, 5 de xuño, até o día 15 estará dispoñible no Liceo de Ourense a exposición fotográfica “Llaves del Cambio”, Agrotgurismo en Nicaragua. A exposición ten a entrada libre e os voluntarios do comité de Ourense promoven a sensibilización entre os máis mozos, programando visitas guiadas pola mostra para os alumnos do Colexio San José- Josefinas ao longo destes 10 días .

A Fundación Taller de Solidaridad, ONGD promovida polas Siervas de San José, inaugurárona hoxe, cara ás 20:00 horas. Esta mostra está composta os logros dun proxecto de Agroturismo nun municipio nicaragüense de Totogalpa que, ao longo de 11 meses e grazas a un orzamento de preto de 39.000 euros, permitiu que 154 persoas, de 9 comunidades rurais, melloren as súas condicións laborais e a súa vida a través da produción e venta de servizos agro-turísticos.

O proxecto, apoiado economicamente polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Fundación Taller de Solidaridad, desenvolveuse a través do Centro de Educación Alternativa Rural, xestionado pola organización nicaragüense INPRHU (instituto de promoción humana). Ao redor de 1.000 persoas víronse involucradas neste proceso.

A creatividade da exposición incorpora a idea das chaves como metáfora e fío condutor de oportunidades tanto para os beneficiarios como para os hóspedes/turistas e en xeral a comunidade de Totogalpa no país centroamericano.

“A través destas fotografías e retratos queremos reflectir, non só o proxecto de desenvolvemento do proxecto, senón tamén resaltar a transformación que xerou na vida de moitos nicaragüenses”, engadiu Adriana Martínez, Coordinadora do Comité de Ourense do Taller de Solidariedade.

As fotografías estrutúranse en torno á chave do coñecemento, da abundancia e da harmonía, que represéntano os tres eixos temáticos do proxecto: O valor do Turismo, a mellora da produción agrícola e profesionalización da artesanía.

A exposición consta de 24 fotos repartidas en 10 paneis cuxos protagonistas son Rosalina, Manuel, Douglas, Oneyda e unha parella de irmáns adolescentes Ernesto e Héctor. Un artesán, catro estudantes e un guía turístico, que a través do seu testemuño, expoñen a súa historia de vida, as dificultades ás que se enfrontan e como isto cambiou grazas ao proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button