OurenseÚltima hora

A antoloxía poética de Antón Tovar presentarase no Liceo de Ourense o 17 de abril

Edición e biografía a cargo de Delfín Caseiro, con limiar de Alonso Montero e ilustracións do artista Xosé Lois Carreira

 

O Liceo de Ourense acollerá o vindeiro 17 de abril a presentación da antoloxía poética de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos. Rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar, que vén de conmemorar o Museo da Limia con varios actos.

 

 

O Museo da Limia, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no seu territorio. A Biblioteca da Limia recolle, desde o ano 2018, a produción do poeta da Pereira, Antón Tovar, así como boa parte da creación literaria de máis de cincuenta autores.

Artigos relacionados

Back to top button