Maxia e moito humor. Son os ingredientes cos que o Mago Paco elabora cada espectáculo, sempre diferente e sempre sorprendente, e que centran Hocus Pocus, o show co que conquistaba ao público infantil na mañá deste sábado 11 de setembro, no Barco de Valdeorras.
Na praia fluvial do Malecón barquense e no marco do programa cultural do Cristo 2021, Paco puxo en escena elementos visuais clásicos (bastón e pano vermello, un cd,…) interactuando en todo momento cos máis pequenos, xa que se trats dun espectáculo pensado por e para eles.
Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cunha gran complicidade entre o mago e o público e de momentos ilusionantes e divertidos cun chisco de loucura.
Fotos: Carlos G. Hervella.