CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Mago Teto presenta en Vilariño de Conso o seu espectáculo Rock’n’Magic

Será o encargo de pechar o Festaclown de Vilagarcía o vindeiro 15 de agosto

 

O Mago Teto será o encargo de poñer o broche final ao Festaclown de Vilagarcía, un Festival Internacional de clown que achega a Galicia as mellores figuras do circo internacional e que pechará a súa oitava edición o vindeiro 15 de agosto, na praza da República co espectáculo Rock’n’Magic do Mago Teto.

Antes, na tarde deste venres, 4 de agosto, o Mago Teto actuará moi preto da súa casa, co campo de fútbol de Vilariño de Conso con este mesmo espectáculo.

Desde a estrea dese primeiro espectáculo en 1996, con tan só 19 anos, o Mago Teto foise convertendo nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia.

 

 

O novo show dun mago dunha tremenda e contrastada calidade. Un show que mestura as dúas principais pasións de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequnas e grandes ilusions máxicas. Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll no que o Mago Teto une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Artigos relacionados

Back to top button