ConcellosO BarcoÚltima hora

O Magosto do Casino do Barco reúne a 150 persoas

 

A partir das 20:30h. desta tarde de sábado 19 de novembro comezaba a celebración do Magosto da Asociación Casino Barco, que resultaba todo un éxito. Completábase o aforo de 150 persoas que, por unha entrada de 15 euros, desfrutaban dun completo menú a base de caldo galego (elaborado por Marta e Isa), bolos preñados, castañas asadas (de Castañas Barredo), torta de roxois, viño (da adega Roandi), refrescos e licores.

 

 

Estes pratos eran servidos por membros da directiva da Asociación Casino do Barco. E tras a parte gastronómica, viña a musical cun concerto do grupo Airband.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button