
Durante unha concentración nacional celebrada o 13 de febreiro no Centro de lanzamentos de de León, o martelista barquense Carlos Revuelta Parra, que viste das cores do A.D. Marathon, daba mostras do seu bo estado físico cun lanzamento de 63,95 m, o que supón a súa mellor marca persoal ata o momento.
Ademais con este rexistro Revuelta vénd e situarse de forma provisional como líder do ranking nacional absoluto e 23 do mundo. Ademais, dous dos atletas que adestran ás súas ordes no CAR da Residencia Blume de Madrid, Juan Jiménez e Irene Gómez, tamén lideran as súas probas a nivel español na categoría sub 20.
Xa na vindeira fin de semana, dispútase en Castellón o Campionato de España das categorías menores, no que os dous atletas adestrados por Revuelta aspiran a proclamarse campións. Unha semana despois, será a quenda do valdeorrés, quen en Montijo (Badaxoz), tratará de loitar por subir ao podio absoluto.