En portadaÚltima hora

O Memorial Miguel Fariñas será este ano un triangular entre CD Barco, Silva SD e Ponferradina B

Será o sábado 27 de agosto no Campiño de Viloira a partir das 18:30 horas

CD Barco e Ponferradina B nun amigable disputado o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Memorial Miguel Fariñas de fútbol, o partido co que o Centro de Deportes Barco lembra a un dos seus presidentes máis querido, chega este ano á VII edición e nun formato diferente con motivo do 50 aniversario que o club está xa preparando.

Así, tal como avanzan dende o club barquense, nesta ocasión será un triangular no que se enfrontarán aos veciños da SD Ponferradina B e aos compañeiros de categoría do Silva SD, e que se celebrará o vindeiro sábado 27 de agosto no Campiño de Viloira a partir das 18:30 horas.

En plena pretempada o Barco de Javi Rey disputará esta tarde outro amigable contra o CD Arenteiro, no campo San Martiño de Quiroga, xa que o de Calabagueiros está en proceso de resementado.

 

Artigos relacionados

Back to top button