EconomíaÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco incluirá un “obradoiro de pimentón”, sorteos e chocolatada

Celebrarase na fin de semana do 17 e 18 de decembro cuns 21 postos de artesanía e produtos agroalimentarios

Imaxe dunha edición anterior do Mercadiño de Nadal do Barco./ Foto: A.R.

 

A praza do Concello do Barco acollerá na vindeira fin de semana do 17 e 18 de decembro a edición número 12 do Mercadiño de Nadal. No seu recinto poderán visitarse 21 postos de artesanía de coiro, vidro, xoiería, madeira, téxtil e tamén de produtos agroalimentarios como doces, licores, queixos, pan, mel…

Unha da novidades desta edición será que os dous días se impartirá un obradoiro de pimentón e exhibición do traballo artesán. Ademais coas compras, os clientes participan en sorteos de vales de compra en establecementos do CCA.

Ademais, o domingo, ás 19:00 horas, ofrecerase unha chocolatada aos asistentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button