EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

O Mesón Ferreiriño, ganador do concurso “Val de Quiroga de Tapas”

 

“Os praceres da nosa terra” do Mesón Ferreiriño é a tapa gañadora do concurso Val de Quiroga de Tapas. Esta mañá abríanse as urnas no salón de plenos da casa consistorial coa asistencia do alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, e da delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila. Ademais os concelleiros Luís Manuel Arias, Antonio Marcos e, en representación do Concello de Ribas de Sil, Rosa María Quiñones, foron os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen debidamente selados.

O concurso desenvolvíase entre o luns 18 e o martes 26 de marzo e foron dez os establecementos participantes. O concurso que este ano se presentaba coa novidade de que se incorporaban novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil, contou cunha alta participación. 223 foi o total de tapacartóns debidamente selados que estaban depositados nas urnas.

De todos estes tapacartos, 80 votaron para a tapa do Mesón Ferreiriño que se alzou co premio,  unha placa conmemorativa e 100 € en metálico.

Todos os participantes que completaron a degustación das tapas e votaron á tapa que máis lles gustou entraron nun sorteo no que podían gañar diferentes premios. 200 € e 100 € en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelor,  EDV 2015 e Lar de Ricobao.

Artigos relacionados

Back to top button