DeportesEn portadaÚltima hora

O montañeiro Sebastián Álvaro súmase á “Aperta a Trevinca” polo “Día da Montaña Galega”

 

Cunha marcha ao teito galego, Pena Trevinca (2.127 m), completábanse o domingo 16 de xuño os actos do XXII Aniversario “Unha aperta a Trevinca” para conmemorar o “Día da Montaña Galega”.  Nela participaban unhas 36 persoas. O percorrido iniciábase ás 9h. dende Vilanova (A Veiga), pasando polo Pico Maluro e Crestón do Lombo do Rocín ata Pena Trevinca.

 

 

Arredor das 13:30h. tiña lugar unha xuntanza co Club Peña Trevinca-Barco e o acto de homenaxe a Montaña Galega cun acto de “Aperta a Trevinca” polo coñecido montañeiro, aventureiro e escritor Sebastián Álvaro Lomba, director tamén durante 27 anos do programa “Al Filo de lo Imposible”.

A continuación regresábase polo Sextil Alto ata o pontón de Meladas, pasando polo miradoiro e conxunto glaciar da Ponte ata a aldea de Vilanova.

Nesta actividade, promovida polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca en colaboración co Concello da Veiga, participaban tamén, entre outras persoas, integrantes do Club Peña Trevinca Barco.

Fotos cedidas.

 

Back to top button