
O Museo Galego de Entroido, situado en Xinzo de Limia, incorporará neste mes de abril dous traxes á súa colección: a do Follateiro de Lobios e a do Farrumeco de Sobradelo. Será na tarde do vindeiro 22 de abril, ás 19h.
Ademais, xusto depois desa entrega, terá lugar unha pequena charla sobre esas dúas tradicións de Entroido. “Ambas figuras foron recuperadas a través da tradición oral e entrevistas con persoas maiores da súa zona e este punto en común pode ser un nexo de interese para dar a coñecer o traballo que tiveron que facer”, adiantan dende o Museo Galego do Entroido. Participarán como relatoras Marta Delgado e Rochi Nóvoa.