A madeira protagoniza, un ano máis e xan van tres, o “Nadal enxebre” da Veiga, un xigantesco nacemento que se espalla ao longo desta vila valdeorresa dende onte sábado. Dende pequenas figuriñas talladas a outras de tamaño natural, pasando por unha serie de fauna propia dos montes de Trevinca e dos seus cauces (como as ras) e ata outros animais domésticos (como cabalos, coellos e pitas), pero tamén fermosas casas e escenas de oficios tradicionais como os relacionados co liño, coa corta e serraxe da madeira, cos zapateiros, coas lavandeiras…
E, por suposto, non falta o tradicional pesebre, con figuras, tamén en madeira de Xesús, Xosé e María, xunto dos Reis Magos. Este “Nada enxebre” é unha iniciativa dos veciños que se pon en marcha con moita creatividade e esforzo, un Nadal máis logo da excelente acollida de edicións anteriores.
Nesta galería de imaxes proponse un percorrido por boa parte das súas escenas e os seus múltiples detalles que enchen de maxia as rúas e inmediacións da vila da Veiga.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.