CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O novo libro-disco de Emilio Rúa, “Lendas no Camiño”, preséntase na Biblioteca de Verín

Imaxe do novo libro-disco de Emilio Rúa.

 

Mañá venres 14 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación do libro disco “Lendas no Camiño”, o novo traballo de Emilio Rúa. “Lendas no Camiño” é un libro disco editado por Zinemusik Ediciones, que contén 36 lendas galegas musicadas en 36 novas cancións por Emilio Rúa. Estes relatos forman parte do acervo cultural galego e destacan pola súa importancia como un valor da tradición oral.

As lendas falan de moitos e diversos puntos xeográficos polos que pasan os diferentes camiños cara Santiago e sitúan os seus textos en puntos concretos de Galicia, ofrecendo un claro exemplo de dinamización cultural e patrimonial. As lendas inclúen elementos como castros, castelos, cruceiros, igrexas, mosteiros, penedos e personaxes como mouros e mouras, santos, santas, e xente común de aldeas, entre outros.

Este libro disco destaca pola súa toponimia, simboloxía e crenzas.

Artigos relacionados

Back to top button