Aínda que durante toda esta semana a cifra mantívose estabilizada en 32 e o subcomité clínico de Sanidade non aplicaba novas restricións adicionais ao concello da Rúa, a situación mudaba co aumento de catro novos casos. Así, tal como informan dende o Concello segundo os datos facilitados pola consellería, na xonrada deste sábado 28 de novembro o número de casos activos por Covid-19 a Rúa é de 36.
Segundo o Sergas, 29 deses casos foron diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, cunha incidencia acumulada para o concello de >250.
Unha vez máis, dende administración local desexan “unha pronta recuperación As afectados pola enfermidade” e pregan “moita precaución”, elembrando a importancia de extremar as medidas de prevención.