Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O OUFF acollerá a estrea do filme ourensán “Las Brujas de E’lente”

A primeira película de cine fantástico feita completamente en Ourense, estrearase o vindeiro 2 de decembro no Auditorio Municipal

No marco da celebración do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), o Auditorio Municipal acollerá o domingo, 2 de decembro, a estrea mundial da película ourensá Las Brujas de E’lente.

Trátase da primeira película de cine fantástico feita completamente na provincia de Ourense que, tras cinco anos de traballo do seu director Simón Vázquez e do resto do equipo verá a luz durante o OUFF. A cinta contou coa colaboración da Deputación de Ourense así coma dos Concellos de Piñor, O Carballiño, San Amaro e Ourense, que tamén acolleron parte da rodaxe.

En palabras do seu director, trátase “dun blockbuster-indie feito de forma artesanal con toneladas de paixón e esforzo e cunha historia ó máis puro estilo de Guillermo del Toro”. Entre os seus protagonistas cabe destacar a actores e actrices tan recoñecidas coma Isabel Blanco, Luis Iglesia, Rubén Riós, Sabela Arán, Rosa Álvarez, Fernando González ou Xoel Yáñez, entre outros.

Esta película de terror e aventuras, dá unha versión retorcida da mitoloxía bíblica, en torno a historia de Eva, unha moza que volve á casa dos seus pais para rescatar a súa irmá. Foi rodada a capas como se facía nos anos setenta e contou coa colaboración de diferentes mecenas que apoiaron o proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button