OurenseÚltima hora

O ourensán Eladio Jardón, entre os 100 profesionais da consultoría política máis influentes do mundo

Así o sinala The Washington Academy of Political Arts & Sciences (WAPAS), que vén de seleccionar a este grupo de elite

 

The Washington Academy of Political Arts & Sciences (WAPAS) vén de seleccionar ao grupo de élite de quen considera as 100 persoas más influentes na consultoría política a nivel mundial. Trátase dun cento de consultores, analistas, comunicadores e políticos, entre outros, que lograron deixar pegada este añou grazas ás súas valiosas achegas. Entre eles figura Eladio Jardón, natural do concello ourensán de Baltar.

Como xa é tradición, esta listaxe inclúe nomes de profesionais do más alto nivel mundial e también a outros que poden non ser coñecidos de maneira masiva, pero todos coinciden nunha característica: lograron gran influencia no medio en que desempeñan, os seus logros transcenderon e merecen ser recoñecidos.

Formar parte desta listaxe de profesionais de alto nivel, seleccionados entre aspirantes de máis de 20 países, é un recoñecemento á gran influencia que cada un destes 100 especialistas exercen, ao seu liderado, alta xerencia e garantía de resultados.

 

Páxina da listaxe publicada onde aparece este ourensán.

 

Para Eladio Jardón, “é unha gran honra recibir este recoñecemento xunto a 99 compañeros de todos os recunchos do mundo. Este galardón, representa o traballo dun equipo que cre na profesionalización dun sector cuxo principal obxectivo é contribuír na mellora das democracias no mundo, achegando as necesidades dos cidadáns aos servidores públicos”.

Este consultor xa tiño sido noticia de ámbito internacional noutras ocasións. En anos anteriores, recibía o prestixioso premio Victory Award en Washington e tamén resultó gañador do premio Reed Latino, galardón que entrega anualmente a revista Campaigns & Elections en México.

Artigos relacionados

Back to top button