Dende o Xoves de Compadres os meniños e meniñas do PAI de Vilariño de Conso veñen realizando diversas actividades educativas e lúdicas arredor dunha tradición que se vive de xeito moi intenso neste municipio e noutros próximos: o Entroido.
Ademais de achegarse ás súas máscaras, tamén tocaban o fulión, poñían o cinto sonoro que levan os Boteiros, disfrazábanse, pintaban, e participaban noutra serie de propostas formativas e lúdicas arredor desta festa.
Fotos: PAI de Vilariño de Conso.