PolíticaÚltima hora

O Parlamento galego pide a mellora da N-120 e que se active a A-76

O grupo do PP presentaba unha proposición non de lei que vén de ser aprobada por unanimidade

Estrada N-120 ao seu paso por Valdeorras.

 

O Parlamento de Galicia aprobaba hoxe por unanimidade unha proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Goberno de España a solicitude para que leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e o oriente da de Ourense, nomeadamente os carrís de adiantamento na N-120 e a activación da A-76.

A deputada popular Raquel Arias lembrou que a estrada N-120 é a única vía de comunicación entre as comarcas orientais da provincia de Ourense, a capital desta provincia e a comarca de Lemos. “Diante desta situación, desde o PPdeG temos solicitado en numerosas ocasións, tanto no Congreso como no Parlamento de Galicia, a construción dos carrís de adiantamento na estrada N-120 e da A-76, a autovía pensada para ser alternativa á estrada nacional”, lembrou.

“Para reverter esta situación, o Goberno central ten agora unha oportunidade de ouro a través do mecanismo de recuperación e resiliencia, ademais de que se apropiou de 43,86 millóns de euros das comunidades autónomas, deputacións e concellos para actuacións de seguridade viaria en Galicia”, indicou Raquel Arias.

 

Artigos relacionados

Back to top button