OurenseÚltima hora

O Pereiro de Aguilar acollerá o 21 de outubro a VII Convivencia de Agrupacións de Protección Civil de Ourense

Participarán preto de 500 voluntarios e voluntarias de protección civil e 65 AVPC de España

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá a VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de outubro, a partir das 8:30 h en O Pereiro de Aguiar – Ribeira Sacra e na que participarán preto de 500 voluntarios e voluntarias de protección civil e 65 AVPC de España.

Ao igual que en edicións anteriores, preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España; e se achegue o traballo desenvolvido á cidadanía amosando o gran capital humano dos seus membros, con preto de 4.500 voluntarios e voluntarias formando parte das 235 agrupacións de Protección Civil en Galicia.

Neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural Ribeira Sacra para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.

Nestes talleres colaborarán empresas e organismos como os Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que mostrarán as técnicas de control da Vespa Velutina. Ademais os voluntarios e voluntarias poderán desfrutar, grazas as empresas Fast Autos e Marvic, dun clásico coche de rallyes o Ford Escort MK I encadrado dentro do taller sobre seguridade en rallyes. Os voluntarios de voluntarias das AVPC de Castrelo e Ourense, farán prácticas de rescate acuático co emprego de motoacuática. E terase ademais exposicións, exhibicións e novidades en material de emerxencias e protección civil por parte de empresas como Peycar, Air Box, Misutonida, Urbantech e Clickfer Gorgoso.

Un amplo programa de actividades no que, ademais, -segundo o delegado territorial- “as voluntarias e voluntarios de protección civil descubrirán as sensacións dun paseo en catamarán desfrutando da paleta de cores co que nos obsequia o Canón do Sil en outono, o que converte esta xornada nun evento único”.

 

 

Na Xornada haberá ademais un ‘Acto de recoñecemento a labor feita polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil’ mediante a entrega de medallas e condecoracións. Este acto terá lugar durante o xantar de confraternidade, que servirá como clausura das xornadas.

Na organización das xornadas colaboran Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense, Deputación Provincial de Lugo, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e os concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

O vindeiro sábado 21 de outubro a partir das 8:30 h en O Pereiro de Aguiar darán comezo as VI Xornadas de Protección Civil – Ribeira Sacra 2023.

Compromiso da Xunta

O delegado territorial destacou o firme compromiso da Xunta coas AVPC de Galicia. Así, nos últimos anos destináronse mais uns 23M€ en apoiar e facilitar a importante labor destas agrupacións estendidas por case todos os concellos de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button