En portadaÚltima hora

O persoal de Irosa-Samaca vese na rúa tras romperse o preacordo asinado entre a empresa e a comunidade de montes

"O desafiuzamento témolo aí, mañá vaise executar e iso supón que nos van botar", din dende o comité de empresa

 

O preacordo asinado entre Irosa-Samaca e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal rompeuse. Así o asegura o comité de empresa con gran preocupación polo feito de que mañá 29 de novembro, é a data prevista para executar a sentenza de desafiuzamento, despois de que a resolución saíse novamente favorable á comunidade de montes.

“Rompeuse o preacordo e xa mañá temos o desafiuzamento estanos aí”, explica o presidente do comité de empresa, representante da CIG. “Hoxe tiñan unha xuntanza dos comuneiros e subimos nós alí, membros do comité e máis o enxeñeiro da empresa, e intentamos falar con eles para pedirlles que chegaran a un acordo para evitar que peche a empresa. Finalmente díxonos que non se ía asinar ningún acordo, que cambiara a situación. Volvemos falar coa empresa e díxonos que non se cambiara nada, o que pasa é que resolución da xustiza foi favorable a eles e tiñan a sartén polo mango”.

Tamén a última hora desta mañá volvían reunirse os representantes dos comuneiros e de Irosa-Samaca cun enlace sindical, pero por agora non trascendeu ningunha novidade.

Ante esta situación, a empresa enfróntase mañá ao desafiuzamento ás 9 ou 9:30h. “vannos botar á rúa. Aínda que cheguen a un acordo no último momento o desafiuzamento téñeno que executar si ou si, ten prevalencia á sinatura, iso é firme”, din dende o comité de empresa, destacando tamén o “sentimento de crispación e impotencia ante esta situación”.

Artigos relacionados

Back to top button