Allariz vén de celebrar a sétima edición do “Allariz de medo” coincidindo co “Samaín”, unha festividade rescatada da antiga tradición celta, e que se poderá gozar do 27 de outubro ao 1 de novembro con diferentes ambientacións distribuídas pola Vila de Allariz.
O club de piragüismo Fluvial Allariz, colabora este ano co Concello nunha das ambientacións, que está situada á beira da igrexa de Santiago preto da praza Maior. Na mesma pódese ver a dous piragüistas perfectamente equipados cos seus kaiak, pas e chalecos salvavidas navegando por unha simulación de auga.
Sen dúbida unha das estampas que máis expectación vai crear entre o gran número de visitantes que se espera para estes días e que xa está a ser inmortalizada por numerosos veciños, dada a súa orixinalidade.
Fotos cedidas.