Tras o éxito da primeira edición que superou expectativas e contou coa asistencia de 56 nenos e 8 monitores o Pizarras Tres Cuñados FS abre hoxe o prazo de inscrición para o seu II campus de fútbol sala que se celebrará do 2 ao 6 de setembro no pavillón municipal de Calabagueiros e nas instalacións do CEIP Condesa de Fenosa.
Durante os catro días que dure o campus haberá moito deporte, adestramentos e xogos pero tamén outras actividades complementarias como excursións, visitas sorpresa ou charlas.
As fotos da galería son decidas polo club, da primeira edición do campus.