
A Corporación barquense celebraba neste mediodía un pleno extraoardinaria, presidido polo tenente de alcalde, Aurentino Alonso, con tres puntos na orde do día que saían adiante aprobados por unanimidade. O primeiro deles era a modificación da hora do pleno ordinario do vindeiro mes de novembro, que, en lugar de iniciarse ás 19h. pasará ás 20h., para facilitar dese xeito a presenza do alcalde do Barco, que ten previsto unha viaxe para ese día, o 7 de novembro, segundo explicaba Aurentino Alonso.
Ademais aprobábanse as modificación da ordenanza fiscal reguladora sobre Vehículos de Tracción Mecánica e a do Imposto de Bens Inmobles. “O que famos é modificar certos detalles de redacción das dúas ordenanzas e o que se fai é adaptalas á normativa actual vixente e clarificar certas cuestións dos documentos que non estaban moi claras”, indicaba o voceiro socialista, Aurentino Alonso.
Fotos: O SIL.