OurenseÚltima hora

O pleno de Verín aproba de forma provisional o Orzamento Xeral para o exercicio 2019

O Salón de Plenos do Concello de Verín foi a sede desta sesión extraordinaria de onte, día 9 de xullo, na que se abordaron diferentes puntos

O pleno de Verín aprobou provisionalmente, na mañá de onte, 9 de xullo, o Orzamento Xeral para o exercicio 2019. O interventor municipal corroborou nun informe que o exercicio cumple cos obxectivos de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira.

 

Durante o pleno.

 

Con 13 votos a favor (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular, o pleno acordou esta aprobación provisional. A cantidade total do Estado de Ingresos ascende a 10.872.814,04€, mentres que no Estado de Gastos a cantidade total é de 10.862.310,85€.

Dende o equipo de goberno explícase que neste Orzamento Xeral para o exercicio 2019 apostarán “pola remunicipalización e a xestión directa de servizos públicos fundamentais para a cidadanía, diminuíndo notablemente o financiamento externo e a dependencia do apoio  procedentes doutras institucións ou Administracións Públicas”. Así, no referente aos gastos, apostarán por satisfacer as necesidades prioritarias do municipio.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button