EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O potencial enoturístico da Ribeira Sacra a debate, o 23 de novembro na Adega Algueira

 

A Adega Algueira da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, subzona de Amandi, vén de ser recoñecida na oitava edición do concurso International Change Industry Awards, como a “Mellor Experiencia Enoturística de España, galardón que premia o achegamento do viño ao gran público”, tal e como se destaca dende o consello regulador desta D.O.

Con estes antecedentes a adega é o lugar escollido para acoller unha charla coloquio que leva por título, “A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia”. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta cita que conta coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.

Así, o xoves, 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de identificar nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. O obxectivo é involucrar ás adegas na orientación cara un turismo de calidade centrado no enoturismo e identificar oportunidades de emprendemento neste sector.

A inscrición pode realizarse a través deste enlace (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfcVi-1dR2BcdS5ZL3XbN8WcMYRL2GlJJOjK4jqcoPhaAfF6Q/viewform?pli=1). A actividade desenvolverase conforme ao seguinte programa:

• 11:00h Recepción de asistentes e benvida
• 11:15h Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego
• 11:30h Mesa Coloquio: as empresas participantes contarán a súa experiencia no enoturismo e debaterán diferentes temas. Os seus participantes serán a D.O. Ribeira Sacra (moderadora), a Adega Algueira, Ponte da Boga, Vista Sacra + Adega Castrofiz + Finca Quinteliña, Enoturismo Galicia, Máis que románico, Terras Gauda e Entre Vides.

Artigos relacionados

Back to top button