Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O PP de Ourense celebra en Cenlle a súa sexta Xunta Directiva

Manuel Baltar asegurou non crer “que ninguén dubide que o 25 de setembro Ourense será a provincia co maior respaldo ao PP”

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, pediu na reunión da Xunta Directiva celebrada na área termal de Barbantes Estación, en Cenlle “una riada de votos” para que o 25 de setembro Alberto Núñez Feijoó consiga a súa terceira maioría absoluta á fronte do goberno galego, obxectivo no que os populares ourensáns terán un papel fundamental xa que, engadiu, “non creo que haxa ninguén que dubide que Ourense será a provincia con maior respaldo electoral ao PP”.

Baltar amosou a súa máis absoluta confianza en que o PP de Ourense, “como forza centrista, galeguista e reformista repetirá os resultados obtidos en 2009 e 2012, mantendo os oito deputados conseguidos, para o que contamos co mellor candidato posible”, dixo, agradecendo a Núñez Feijoó, presente no acto, que se puxera de novo a disposición do partido e de Galicia.

A importancia destas eleccións, apuntou o presidente provincial, radica “na vital colaboración entre as administración, na sintonía entre os gobernos como temos en Madrid, en Santiago e nos 68 concellos da provincia nos que gobernamos”.

Artigos relacionados

Back to top button