PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín pide o arranxo das fochancas dalgunhas rúas e máis limpeza

Imaxe dunha rúa de Vilamartín./ Cedida.

 

O PP de Vilamartín de Valdeorras vén de presentar, a través do seu concelleiro José Pinto Álvarez, o 7 de xuño un escrito no Concello para pedir unha maior limpeza na vila, tendo en conta tamén a vexetación que medra na primavera, así como o arranxo das fochancas existentes nalgunhas rúas.

Jose Pinto sinala que xa meses atrás se lle presentaron estas demandas ao Concello, pero agora vólvese insistir a través deste escrito e pídeselle ao alcalde que “se preocupe máis pola limpeza de Vilamartín”.

 

Artigos relacionados

Back to top button