Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

O PP presenta a súa candidatura en Vilamartín buscando “darlle un cambio de rumbo ao municipio”

A lista estará encabezada por José Pinto Álvarez

José Pinto, candidato á alcaldía do PP en Vilamartín de Valdeorras.

 

Con ilusión e facendo unha aposta de futuro para Vilamartín de Valdeorras preséntase ás vindeiras eleccións municipais a candidatura do PP, que encabeza, por segunda vez consecutiva José Pinto. “É o momento de darlle un cambio de rumbo ao municipio”, aseguran os integrantes da lista.

Neste senso, propoñen “cambiar Vilamartín, dando un impulso á vivenda, ao traballo e, en definitiva, un futuro para este gran municipio”. E como obxectivos principais do seu proxecto político citan “fixar poboación e atraer a empresas ao concello, porque vemos que cada día está perdendo unha gran oportunidade de medrar”.

Así mesmo, propoñen “impulsar e poñer no mapa a nosa historia vitivinícola e as nosas magníficas adegas e covas”.

 

 

CANDIDATURA DO PP EN VILAMARTÍN

1.- José Pinto Álvarez
2.- María Isabel Santos Losada
3.- Susana María Morgado Monteiro
3.- Gonzalo Bao Rodríguez
5.- José Manuel Pérez Fernández
6.- Adrián Pérez Campos
7.- Beatriz Pérez Losada
8.- Esther Rodríguez Fernández
9.- José Ángel Conde López

Suplentes
1.- Lorena Vázquez Sánchez
2.- Manuel Prada Cabo

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button