PolíticaÚltima hora

O PPdeG agarda que o Goberno central comece polo Corredor Atlántico “a reparación da débeda pendente coas infraestruturas galegas”

Celso Delgado, deputado do PP no Congreso.

 

O Partido Popular de Galicia vén de emitir un comunicado no que espera que “o Goberno central comece polo Corredor Atlántico a reparación da débeda pendente coas infraestruturas galegas e reclaman que o Plan Director desta rede ferroviaria que, leva gardado nun caixón desde 2019”; sexa realista, realizable e cumprido logo de anos de atrasos e incumprimentos”.

Ante a visita de Óscar Puente de mañá, os populares recordan ao ministro que “os compromisos do seu departamento con Galicia en materia de infraestruturas están moi lonxe de estar cumpridos. Un incumprimento que exemplifican co acontecido cos trens Avril: Que cheguen con catro anos de atraso non é para aplaudir nin para dar por saldada a débeda do Goberno central coa nosa Comunidade”.

Cómpre lembrar que, xa nunha resposta por escrito no Congreso en novembro de 2018, o Goberno central sinalaba que “o proxecto está en fase de construción e a entrega dos primeiros vehículos prevese en xuño de 2020”.

Desde o PPdeG din que “estes atrasos prexudicaron á economía de Galicia –especialmente ao sector turístico– e continúan facéndoo na medida en que as cidades galegas seguen agardando o cumprimento dos tempos de viaxe comprometidos na liña de Alta Velocidade que, a día de hoxe, só chegou a Ourense”.

De aí que celebren a entrada en operación dos novos trens pero continúen reclamando coñecer cantos deles van operar na liña de Alta Velocidade que une Galicia co resto da Península, as súas frecuencias e os seus prezos definitivos.

Artigos relacionados

Back to top button