PolíticaÚltima hora

O presidente do PPdeG reivindica en Castro Caldelas a “Galicia que non para”

 

Neste domingo o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicaba en Castro Caldelas a “Galicia que non para, representada polo Partido Popular, fronte a aqueles que a pretenden frear. Acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e o portavoz local, César Enríquez, Cachín, Rueda fixo un percorrido pola vila e despois trasladouse a comer ao restaurante-pensión rústica Caldelas Sacra, acompañado de medio cento de veciños e veciñas.

O presidente Rueda puxo en valor que, “fronte aos vaivéns da esquerda, a nosa comunidade prefire ser unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”.

 

 

Pola súa banda, Cachín trasladoulle que fará todo o posible “por exportar canto antes ao seu municipio o modelo do Goberno galego”, e tamén lle asegurou ao presidente do PPdeG que, “cando chegue o momento, Castro Caldelas será clave na consecución da súa primeira maioría absoluta”.

Artigos relacionados

Back to top button